A avogacía consegue botar atrás o IVE na quenda de oficio

Pontevedra> Finalmente, e grazas a presión da avogacía en todo o estado, o Ministerio de Facenda non cobrará o IVE na quenda de oficio. Dende o Colexio de Avogados de Pontevedra, lembraron que se trata dun servizo público e de carácter social, co cal, un aumento do gasto nun 21 por cento poría en risco o propio sistema e estrutura. No turno de oficio non haberá que pagar finalmente o IVE. Unha boa nova que acolleron cos brazos abertos dende o mundo da avogacía. Dende o colexio de avogados de Pontevedra nos explicaron esta mañá que non tiña ningún sentido levar a cabo esta medida que lanzaron dende o Ministerio de Facenda. Finalmente e grazas a presión do mundo da avogacía esta medida non se executará, xa que tal e como nos dixo esta mañá Ramón Jáudenes, tratase dunha iniciativa que afectaría moito aos máis desfavorecidos e que, co aumento do gasto do 21 por cento, poría en risco o propio sistema e a súa estrutura. Por esta medida dende o 26 de xaneiro deste ano se obriga aos avogados a entregar unha factura ao beneficiario da xustiza gratuíta, unha factura cuxo pago do IVE non efectuará nin o beneficiario nin o avogado senon que o farán as Administración públicas competentes. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/10/ive_avogados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/10/ive_avogados.mp4{/flowplayer}