428.000 euros para converter o Virxe Peregrina nun albergue ‘de primeira división’

PONTEVEDRA> Xa están en marcha as obras de modernización do albergue Virxe Peregrina, en Pontevedra. Os traballos céntranse na renovación da cuberta e do peche exterior. Tamén se inclúen diferentes melloras no interior das instalacións, como nova carpintería e melloras no illamento térmico. O proxecto está valorado en máis de 400.000 euros.

Situar ao de Virxe Peregrina na primeira división dos albergues de Galicia. Ese é o obxectivo das obras de modernización que a Xunta está a impulsar nestas instalacións pontevedresas. Os traballos acaban de arrancar, coa retirada do amianto do tellado.

Pero as obras van máis alá. Cun investimento de 428.000 euros, renovarase o peche exterior, refozarase o seu illamento térmico e acometeranse diversas melloras no seu interior.

O delegado da Xunta en Pontevedra achegábase esta mañá ata esas instalacións coincidindo co inicio dos traballos. Canda a el, o presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués.

Este proxecto está enmarcado no Plan de Mellora da Rede de Albergues Públicos de Peregrinos de Galicia. Os traballos vanse prolongar durante os vindeiros seis meses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí