Comeza o reparto de composteiros individuais en Tomeza

PONTEVEDRA> A pesares das críticas do PP, o Concello fixo entrega esta mañá do primeiro composteiro individual en Tomeza. O primeiro de moitos, xa que o goberno municipal repartirá, nas vindeiras semanas, arredor de 355 en toda a parroquia.

El é o primeiro veciño de Tomeza que ten dispoñible na súa vivenda un composteiro individual. O alcalde, o concelleiro Alberto Oubiña e os técnicos da Fruga achegáronse esta mañá ata o lugar para explicarlle a Víctor Campos como se monta este composteiro e cales son os residuos que deben ser compostados.

O veciño que recibiu o composteiro tivo que asinar un documento de compromiso no momento da entrega. Ademais, Víctor Campos recibiu tamén unha guía con toda a información para conseguir que o compost sexa de alta calidade.

Unha vez instalado o composteiro, os técnicos da Fruga farán un seguimento, durante dous anos, en todas as vivendas que participen neste programa de compostaxe.

Pero el non será o único veciño de Tomeza que conte cun composteiro individual. En total, durante as vindeiras semanas, o Concello repartirá arredor de 355 nesta parroquia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí