![]()
SANXENXO> A proba atraerá á vila do Salnés máis de 200 regatistas das clases Optimist, Laser 4.7 e windsurf Bic- Tecnho 293. Desta competición sairán os novos campións da categoría infantil a nivel nacional dos tres títulos en xogo.
{flowplayer}images/salnes/PTAC_DESAFIO_LECHE_PASCUAL.flv{/flowplayer}
Dende mañá e ata o vindeiro sábado, Sanxenxo convertirase na capital española da vela de categoría infantil.
A Ría de Pontevedra acollerá estes días a celebración dos campionatos nacionais das clases Optimist, Laser 4.7 e windsurf Bic-Techno 293, probas que se realizan no marco do Desafío Grupo Leche Pascual, e que contará coa participación de máis de 200 rapaces.
Esta é a primeira vez que Sanxenxo celebra un Campionato de España Absoluto, un acontecemento que dende o concello agardan favoreza a toda a vila.
Entre os favoritos para alzarse co título de campión, destacan o galego Sergio Rodríguez, segundo clasificado no ranking nacional, e os regatistas canarios, que contan con cinco representantes.
Pola súa banda, na proba Techno 293, o galego Alejandro Doncel e a andaluza Blanca Alabau serán dous dos aspirantes con máis posibilidades de facerse co título de campión de España.
Redacción Salnés






