21 quilómetros para construír un invernadoiro para Arousa Solidaria

VILAGARCÍA> En Vilagarcía, deporte e solidariedade volverán ir da man. Zona Aberta prepara a súa quinta media maratón, que se celebrará o vindeiro 20 de novembro. Os corredores completarán un percorrido de 21 quilómetros e coa súa inscrición estarán axudando á asociación Arousa Solidaria.

 

Para os que non se atrevan con este percorrido, a organización ofrece a alternativa dunha andaina.

Na edición do ano pasado participaron máis de 600 persoas. Este ano a organización agarda superar esta inscrición. E é que o obxectivo é axudar a Arousa Solidaria a construír un invernadoiro.

Ata o 13 de novembro o custo da inscrición é de 12 ou 13 euros, dependendo de se o participante ten chip propio. Do 14 ao 17, a tarifa será de 16 ou 17. Os que o desexen poden inscribirse na plataforma Champion Chip Norte ou no comercio Moto Bazar de Vilagarcía.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/media_maraton_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/media_maraton_villa.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí