Ana Peleteiro logra unha meritoria sétima praza nos Mundiais de Londres

    RIBEIRA> Gran actuación de Ana Peleteiro nos Mundiais de Londres. A ribeirense acabou onte sétima na final de triple salto, cun rexistro de 14’23, a súa mellor marca persoal. Aínda así un golpe recibido no seu cuarto intento, impedíronlle estar na loita polas medallas, véndose obrigada a retirarse. Un golpe que en principio non reviste gravidade polo que poderá volver a competir en breve. A medalla de ouro na proba foi para a venezolana Yulimar Rojas cun salto 14,91, atleta coa que a ribeirense comparte adestrador, o cubano Iván Pedroso. A prata para a colombiana Caterine Ibargüen con 14,89 e o bronce para a kazaja Olga Rypakova que saltou 14,77.