Os Bombeiros do Salnés fan folga á xaponesa

    CAMBADOS> Esta fin de semana os dous bombeiros do Porriño despedidos pola empresa Celta Prix, a mesma concesionaria que a dos bombeiros…

    {flowplayer}images/salnes/peche_bombeiros.flv{/flowplayer}

     … do Salnés, pecháronse na súa sede para denunciar a súa situación que eles cualifican de despido improcedente. Horas máis tarde, este luns, era toda a plantilla do Porriño a que se unía a esta mobilización e hoxe foron os bombeiros do Salnes, tanto os destacamentos de Cambados como de Vilagarcía, os que fan gardas de 24 horas na súa base para chamar á atención das autoridades competentes e facer oír así as súas reivindicacións.

    Os delegados sindicais tamén denuncian que as presións se están a intensificar neste parque cos que protestan ata chegar a un clima de traballo de hostigamento. De aquí ó xoves continuarán con estas mobilizacións ata que se lles aporte unha solución; ou cando menos, que sexan atendidos por representantes da Deputación Pontevedresa ou a Xunta de Galicia, que son os que sufragan o servicio.

    Nesta situación non axuda nada que o seu ate o de agora director, e recentemente escollido alcalde do Grove non apareza polo destacamento, co que se senten un pouco á deriva. Mentres a situación non mellore, os 29 membros deste destacamento do Salnés seguirán traballando como se deberá, cos efectivos necesarios en cada caso, sen descansar e de balde.

    Redacción Salnés