A Xunta instalará catro semáforos na parroquia de Vilariño

CAMBADOS> As peticións da Asociación de veciños Batuqueiro faranse realidade. A Xunta de Galicia instalará catro semáforos na parroquia de Vilariño. Tamén se reformará a pasarela da vía rápida e se instalará unha marquesiña en Sameiro.

Tras moitos anos de reclamacións, a asociación de veciños Batuqueiro verán como os seus desexos faranse realidade. A Xunta de Galicia licitará 4 semáforos, reparará a pasarela da Vía Rápida e instalará unha marquesiña en Sameiro. Consideran as reparacións necesarias para garantir a seguridade dos peóns.

O Delegado Territorial destacou a insistencia dos membros da asociación para que finalmente foran licitados estes traballos cun custo que superará os 70 mil euros. Dende Batuqueiro mostran a súa gratitude tanto ca Xunta como co Concello.

Pola súa parte, a Alcaldesa de Cambados remarcou a importancia de preservar a seguridade da veciñanza e non só a do tráfico rodado. Recordou que aínda quedan tramos perigosos. Espera seguir colaborando ca Xunta para tomar medidas.

O semáforos estarán situados preto da igrexa e do colexio e na vía que vai para Barrantes. Espérase que os traballos se completen antes do verán.