Nace Vitgal, a primeira plataforma de alugueres turísticos de Galicia

SANXENXO> Aviturga crea a primeira plataforma de alugueres turísticos propia de Galicia. A Asociación puxo hoxe en marcha a páxina web Vitgal. Unha ferramenta para que propietarios podan alugar as súas vivendas dunha forma directa cos turistas de todo o mundo.

A Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia, Aviturga, leva dende o 2016 axudando e asesorando aos propietarios de vivendas turísticas na comunidade para a regulación dos seus inmobles de aluguer. Este ano deu un paso máis e creou Vitgal, a primeira plataforma de alugueres turísticos de Galicia.

Todas as vivendas estarán rexistradas na axencia de turismo de Galicia. Ademais grazas a esta web tanto os turistas como os propietarios aforrarán os custos de intermediación.

O proxecto lévase a cabo grazas a colaboración con Eviivo. A empresa inglesa encargouse de desenvolver a tecnoloxía.

O acto tivo lugar en Sanxenxo. A vila galega con máis turismo. Para o alcalde do municipio esta é unha oportunidade para aumentar o turismo de Sanxenxo.

Aviturga conta con máis de 8500 vivendas e espera que con esta plataforma máis propietarios únanse á Asociación. Pola tarde tivo lugar unhas xornadas técnicas para explicar aos arrendadores o uso desta aplicación.