CAMBADOS> Concentración das traballadores de PESCADONA, no polígono de Sete Pías de Cambados. Denuncian o impago dos seus salarios nos últimos meses.Esta mediodía concentráronse ás portas da factoría, apoiados pola CIG.
Denuncian o impago e o continuo retraso das súas nóminas. Explican que nalgúns casos os retrasos acumulan xa os catro meses.
Dende a CIG denuncian que a dirección da fábrica non se quere sentar a negociar con eles. Explican que non queren xudicializa-lo conflito, polo que instan a que se senten a falar para buscar unha solución ao impago dos soldos.
Nesta empresa traballa máis dun cento de persoas, repartidos entre esta planta e as que ten na Illa e en Sobradelo.