A 2ª fase de actuacións en Rosalía de Catro executarase no 2012

    VISITA_ROSALIA_CASTROCOPY.jpgGROVE> Así o anunciou esta mañá o Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, durante a visita que realizou ó centro.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_EDUCACION_GROVE.flv{/flowplayer}

    A primeira fase, que esta mañá visitaron tanto o Xefe Territorial de Educación coma o alcalde do Grove e a edil de Educación, consistiu na reforma dos aseos, da instalación eléctrica e a colocación dunha nova caldeira. Unhas obras necesarias nas que se inverteron preto de cento trinta mil euros.

    A satisfacción foi compartida tanto polo alcalde como pola dirección do centro. E é que despois de sendas reivindicacións por parte da Comunidade Educativa a primeira fase destas obras xa é unha realidade, aínda que matizaron que hai que seguir traballando.

    E así o farán xa que o xefe Territorial anunciou durante a visita que a segunda fase se executará o verán do vindeiro ano e abarcará a soleira e a remodelación exterior.

    A visita do Xefe Territorial ó Grove rematou no concello onde se reuniu cunha representación do colexio Conmeniño. Alí a ANPA lle achegou unha proposta para conseguir que lle concedan a xornada única. Xa que o problema é o transporte a oferta consiste en reaxustar as zonas de transporte. Pola súa banda, desde a Xunta comprometéronse a estudalo e que llo comunicarán ó concello.

    Redacción Salnés