As oficinas de turismo de Ribeira ampliarán o horario de apertura

    oficinaturismoribeira_100.jpgRIBEIRA> Así o explicou o concelleiro desta área, Anxo Orellán Fernández que visitou a oficina de turismo emprazada na avenida do Malecón.

    Orellán Fernández destacou que se mellorará o servizo das tres oficinas de turismo do municipio ca contratación de tres persoas que, xunto ca propia técnica municipal de Turismo, se encargarán de ofrecer atención e solucionar as posibles dúbidas dos visitantes que recalan en Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/oficinaturismoribeira.flv{/flowplayer}

    Como novidade, subliñou o edil, este ano ampliarase o horario de atención ó público na oficina do Malécón que permanecerá aberta ao público ininterrompidamente dende as 9 da mañá ata as 9 da noite, de martes a domingo; en Xarás o horario será de 11 a 14 e de 16 a 19 horas, todos os días agás os martes.

    Polo que respecta ao Centro de Interpretación de San Roque, este próximo sábado iniciará o seu horario de verán, funcionando de martes a sábado, de 9 a 13 e de 14 a 19 horas.

    Con esta ampliación de horario, as expectativas do departamento municipal de Turismo apuntan a mellorar as estatísticas do pasado verán, no que se atenderon as consultas dun total de 11.709 persoas, distribuídas do seguinte xeito: 3.348 en San Roque, 5.500 no Malecón e 2.861 en Xarás.

    Novo material turístico

    En canto ao material que se pode atopar nas oficinas, caben destacar por exemplo a guía turística do Concello, recentemente actualizada; ou o dossier “Catro horas coa Cultura e o Turismo de Riveira”, que recolle catro posibles itinerarios dedicados á arqueoloxía, museos, patrimonio natural e patrimonio etnográfico. Sobre este asunto Anxo Orellán avanzou que o Concello está traballando nunha quinta ruta dedicada ás praias. Tamén se pode atopar información turística editada por institucións ás que Riveira pertence como a Mancomunidade Arousa Norte ou o Eixo Atlántico.