A Festa do Marisco de Ourense pon en pé de guerra ós hostaleiros

    fotomariscocopia.jpgGROVE> O anuncio ‘Mariscada O Grove’, caeu como un xerro de auga fría entre os hostaleiros que piden que non se empregue o seu nome.

    {flowplayer}images/salnes/QueixasMariscoOurense.flv{/flowplayer}

    Despois de cincuenta anos traballando pola que é unha das Festas máis coñecidas de Galicia, os hostaleiros do Grove atópanse agora con que cada vez son máis os municipios que apostan por facer a súa propia Festa do Marisco. O malestar vense arrastrando xa dende hai tempo, pero este ano chegou o seu máximo expoñente con este anuncio que fai a Festa do Marisco de Ourense, Mariscada O Grove por 37 euros.

    Un produto avalado pola súa calidade, e que ó longo do tempo foi constituíndo o seu nome e é precisamente ese nome o que non queren que se empregue para referirse a produtos doutros lugares.

    Para o Cit, a solución a estes conflitos pasa porque cada lugar destaque as súas festas propias e os seus produtos. Respectando ós demais.

    Entre veciños e visitantes, opinión para tódolos gustos. Algúns non ven problema en que se celebren varias festas referidas ó mesmo produto, pero para outros falar de Festa do Marisco fora do Grove soa case anti natural.

    A hora de falar de solucións, chegar ós xulgados semella demasiado complicado, para José Benavides trátase máis ben dunha cuestión institucional, de disciplina de partido.

    Redacción Salnés