A Deputación constituíu esta mañá a súa nova Corporación

    louzanbaston copia100.jpgPONTEVEDRA> Os 17 escanos correspondentes ó Partido Popular do total de 27, permitiron a Rafael Louzán repetir como presidente do organismo.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_CONSTITUCION_DEPUTACION.flv{/flowplayer}

    Os 17 escanos que corresponden ó Partido Popular, permitiron a Rafael Louzán repetir á fronte da Deputación por terceiro mandato consecutivo despois da votación da corporación. Unha lexislatura na que chama ó consenso.

    Cesáreo Mosquera e Santos Héctor Rodríguez, foron os candidatos á presidencia do organismo provincial presentados por BNG e PSOE. Sen embargo, antes da votación os socialistas optaron por retirar a candidatura de Rodríguez. Durante os seus discursos, ambos deputados criticaron con dureza a Deputación e o seu papel.

    E entre os demais deputados, moitas caras novas. A corporación experimentou unha renovación de case un 90%. Un cambio que se aprecia no partido xudicial de Cambados, coas actas do socialista José Antonio Cacabelos e o popular Jorge Domínguez.

    A cerimonia, que contou coa presenza dos conselleiros de Presidencia, Alfonso Rueda, Medio Ambiente, Agustín Hernández, e Economía, Javier Guerra, e de numerosas autoridades políticas de toda a provincia, pechouse coa actuación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño.

    Redacción Salnés