![]()
CAMBADOS> Esta tarde abriu as súas portas a Segunda Edición da Salnésparty, unha xuntanza de afeccionados ás novas tecnoloxías que se vai..
{flowplayer}images/salnes/salnesparty.flv{/flowplayer}
… a prolongar ata o domingo neste salón Peña de Cambados. A primeiras horas da tarde comezaron a chegar os primeiros participantes; cargando cos seus equipos informáticos para pasar tres días de convivencia con outros internautas chegados de toda Galicia. Aquí poderán verse en persoa cos que ate o de agora eran amigos virtuais na rede e desfrutar xuntas dos seus xogos preferidos como o Call of Duty 2, o Cod ou o Fifa.
A Asociación Ainda, que organiza este evento xunta ca asociación Retranca destacan a elevada participación deste ano que supera ás 70 persoas; un número que podería incrementarse porque a inscrición pode realizarse con só achegarse ata estas instalacións. Aquí agardan amigos con ganas de compartir arquivos, retarte nos xogos ou simplemente falar das últimas novidades; como fan Santiago e Domingo de Ribadumia.
Eles dous son dos moitos que pagan 30 días por comer e conectarse ás 10 liñas de internet conectadas polo Concello. Un novo mundo virtual no que estas novas xeracións xa se moven como peixe na auga.
Redacción Salnés






