Vilagarcía celebra o seu congreso de mobilidade para reflexionar sobre o modelo de cidade desexado

VILAGARCIA> Vilagarcía inaugura o seu primeiro congreso sobre mobilidade. Ao longo de tres días, expertos relatores pasaran polo auditorio de Vilagarcía para amosar as súas experiencias en diferentes vilas no eido da mobilidade sostible. Con este congreso, o concello busca que a veciñanza reflexione sobre o modelo de cidade que desexan.

Vilagarcía esta somerxida estes días na semana europea da mobilidade. Dende a vila levan anos apostando por un modelo de cidade na que os peóns son os protagonistas. A semana da mobilidade é unha oportunidade de mostrar os avances e o futuro cara o que camiña a vila. Dentro das diferentes actividades organizadas ao longo destas datas, o concello inaugurou este martes o congreso de mobilidade.

Dende Vilagarcía buscan con este congreso, e as diferentes actividades, facer reflexionar á poboación sobre o modelo de cidade que queren.

Polo auditorio de Vilagarcía pasaran ao longo destes días expertos relatores en mobilidade sostible.

Na apertura do acto, dende o goberno de Vilagarcía fixeron fincapé no grandes beneficios que teñen para as vilas os espazos peonalizados. Tamén lamentaron que o Salnés non conte cunha mellor rede de comunicacións para favorecer o transporte público. O congreso celebrarase ata o venres e a entrada as diferentes actividades e relatorios é gratuíta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí