O PSOE reclama novas explicacións a Fole polas pistas de pádel

    VILAGARCIA> O PSOE de Vilagarcía ven de contestar ó Alcalde vilagarcián sobre a polémica sobre as pistas de padel no entorno portuario. Malia que o Alcalde non será xulgado por suposta prevaricación, os socialistas pregúntanse a que ven a euforia de Tomás Fole se tres maxistrados asinan que podería ter incorrido nunha ilegalidade administrativa.

    No PSOE de Vilagarcía non vai a dimitir ninguén, tal e como pide o Alcalde, logo de que os tribunais do penal non admitisen a trámite a querela por suposta prevaricación do rexedor no caso das pistas de padel do Porto. A voceira socialista na capital arousá fai unha lectura ben distinta da sentencia da que realizou Tomás Fole. Aínda máis, os socialistas fan dúas reclamacións ó alcalde vilagarcián, ó que lle advirten que son coñecedores das irregularidades que hai na execución deste proxecto dunha infraestructura deportiva que xa está en marcha. No vindeiro pleno debaterase a exclusión do tamén socialista Lino Mouriño como conselleiro na Autoridade Portuaria. Os socalistas sabgen que non teñen nada que facer ante a maioría absoluta do PP; con todo, opóñense a que a oposición se quede sern representación no Consello da Rada Arousá, só por seren incomodos para deixarllela xestionar ó seu antollo. A razón que esgrime o goberno vilagarcián para desbotar a Mouriño é que este falou en prensa de asuntos que se ían a debater no Consello de Administración portuaria, antes de que se celebrasen as sesións.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/22/psoe_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/22/psoe_resposta_padel.mp4{/flowplayer}