Novas escisións ameazan o futuro de Opmega

    AROUSA > A crise parece se-la situación normal en Opmega. Dende hai meses a situación da principal organización de mexilloeiros é crítica, pero cada día que pasa parece empeorar aínda máis. A división existente no seo da agrupación impide tomar unha decisión sobre o seu futuro. E mentres tanto sucédense as ameazas de denuncias e novas escisións.

    sedeopmega_300_040406.jpgA agrupación de mexilloeiros da Illa plantexaralle ós seus socios a posibilidade de abandoar Opmega. Está previsto que o tema sexa debatido pola directiva, entre a que se atopan varios membros favorables a adoptar esta posición.

    Consideran que Opmega é o seu peor enemigo xa que están gastando demasiadas forzas neste tema en vez de solucionar os problemas que teñen no seu propio negocio. Aseguran que mentres outros venden por fora co beneplácito da directiva de Opmega, eles cumpren a normativa e pasan todo o seu producto pola central. Esto provócalles perdas millonarias que non poden seguir asumindo.

    E posto que apenas ningunha agrupación parece apoialos á hora de asumi-las rendas da organización, cren que o mellor é marchar. Sen embargo terán que se-los socios os que o decidan, e para iso celebrarase unha asamblea urxente entre o mércores e o xoves.

    Redacción Salnés