A Xunta solicita máis documentación para iniciar o Centro de Día meco

O GROVE> Parece que o Centro de Día de O Grove non vai a ser unha realidade inmediata. A Xunta de Galicia ven de solicitar seis informes ao consistorio para poder dar comezo de maneira definitiva a esta instalación. Un novo revés para o goberno liderado por José Antonio Cacabelos que despois de dous anos de trámites administrativos terá que seguir a espera para a construción do Centro de Día.
Más de dous anos de trámites administrativos e unha partida orzamentaria dispoñible dende hai oito anos son as cifras do futuro Centro de Día de O Grove. A Xunta require seis novos informes para dar luz verde a solicitada instalación. Unha situación que non gustou ao alcalde.
A documentación que se solicita ao Concello é un informe da Delegación de Goberno sobre á suministración eléctrica e de hidrocarburos, un informe da confederación hidrográfica sobre as concas existentes no municipio, un informe da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, outro da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior para coñecer a necesidade de solicitar un informe á Comisión Galega de Protección Civil e mesmo informe en materia de Costas a pesar de estar previsto na Leira dás Touzas.
Dende o concello solicitan a Xunta de Galicia que valore a necesidade de este equipamento para unha vila como O Grove, e que se deixen de lado as diferenzas políticas.