“A declaración de BIC do Pazo de Fefiñanes é un valor engadido “

    aragunde copia100.jpgCAMBADOS> A resolución da Xunta concede a categoría de monumento ó pazo, algo que dende o concello se interpreta como unha maior responsabilidade.

    {flowplayer}images/salnes/ARAGUNDE_BIC_FEFINANES.flv{/flowplayer}

    Onte xa lles adiantabamos que a Consellería de Cultura e Turismo publicara no DOG a incoación do expediente para declarar o Pazo de Fefiñanes de Cambados como ben de interese cultural. Unha decisión que enche de orgullo ó alcalde cambadés, o popular Luis Aragunde.

    De completarse o proceso, o Pazo de Fefiñanes conseguiría a mesma figura que hai dez anos se outorgaba ó conxunto histórico cambadés. A resolución concede a categoría de monumento ó pazo, algo que dende o concello se interpreta como unha maior responsabilidade.

    Sobre a posible peonalización total desta praza, Aragunde rexeitou polo de momento esta opción. Para o alcalde, Fefiñanes continuará sendo unha zona de tránsito de vehículos nunha única dirección e a un máximo de 30 km/hora, co obxectivo de garantir a convivencia entre peóns e automóbiles.

    Despois da publicación no DOG, a Xunta abre un período dun mes para que os que o desexen presenten as súas alegacións contra esta decisión.

    Redacción Salnés