Comeza a tempada estival nos areais de Silgar, Portonovo e Canelas

    praianauta copia.jpg SANXENXO> Desde esta fin de semana xa se pode facer uso das terrazas dos quioscos, alugar unha tumbona ou dar un paseo en piragua.

    {flowplayer}images/salnes/TEMPADA_PRAIAS_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    A sociedade municipal Nauta Sanxenxo vén de inaugurar a tempada de praias nos tres areais que xestiona: Silgar, Portonovo e Canelas. Desde esta fin de semana e ata o vindeiro 18 de setembro, veciños e turistas poderán facer uso de tumbonas, piraguas, hidropedais ou quioscos. Alugar estes servizos custará o mesmo que hai catro anos, xa que o Consello de Administración da entidade acordou de novo manter as tarifas conxeladas. Non subirán os prezos, din desde Nauta Sanxenxo, pero si a esixencia de calidade e eficiencia no trato ós clientes.

    A conxelacións das taxas busca ser un aliciente para que os usuarios destes areais se animen a empregar estes servizos. A Praia de Silgar é a que máis prestacións ofrece: dispón de tres quioscos con terraza, 26 hidropedais, 169 tumbonas cos seus parasoles e 12 piraguas. Séguelle Canelas, con dous quioscos máis terraza, 14 hidropedais, 24 tumbonas e sombrillas e 7 piraguas. Por último, os que se acheguen á Praia de Portonovo poderán tomar un refrixerio na terraza do único quiosco co que conta. A novidade este ano é que tódalas terrazas contarán con sombra, xa que estarán protexidas por pérgolas. Para garantir esta calidade na atención ó cliente, Nauta Sanxenxo reforzou o plantel de traballadores, con 31 persoas.

    A sociedade municipal Nauta Sanxenxo vén xestionado os servizos destas tres praias desde o ano 2006.

    Redacción Salnés