Alarma en Barro por un importante incendio forestal

    incendiobarro copia100.jpgBARRO> Os equipos de extinción de incendios forestais desprazaron ata o lugar un hidroavión, tres avionetas e dous helicópteros.

    {flowplayer}images/salnes/INCENDIO_BARRO.flv{/flowplayer}

    Este mediodía declarábase no concello de Barro un incendio forestal, posiblemente provocado pola vaga de calor que está a afectar Galicia esta fin de semana. O monte afectado, pertencente á Xunta de Montes da Portela, comezou a arder ó redor das 2 e cuarto da tarde. Sen embargo, unha mala coordinación dos medios de extinción empeorou a situación.

    Os equipos de extinción de incendios forestais trasladaron ata o lugar un hidroavión, tres avionetas e dous helicópteros.

    Nestes traballos incluso participaron os bombeiros do Salnés, que non contan co equipamento axeitado para a extinción de incendios forestais. Os efectivos acudiron ante a alarma pola proximidade das lapas a unha fábrica da zona.

    Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Garda Civil, que debido ás lapas tiveron que cortar un tramo da estrada PO-224, que permaneceu pechado ó tráfico ata preto das 5 e cuarto da tarde.

    Ó longo desta tarde o incendio, que chegou a queimar preto de seis hectáreas de monte, seguía activo, pero os equipos de extinción conseguiron controlalo.

    Redacción Salnés