Reguera: “Que beneficio saco eu?”

    CAMBADOS> O exdeputado popular, Severino Reguera, declara nos xulgados de Cambados e di non entender a súa investigación por suborno impropio. Asegura que non hai nada que agochar detrás dos alugueiros de varios locais do anterior Presidente da Deputación, Rafael Louzán, en Vigo. 

     

    Tras acollerse nun primeiro momento ao seu dereito a non declarar, o edil de Pazos de Borén e ex deputado popular, Severino Reguera, comparecía ante o xuíz a petición propia para responder acerca do alugueiro duns locais na zona de Navia, en Vigo, propiedade do expresidente da Deputación, Rafael Louzán.

    Unha denuncia anónima a finais de 2013 levou a fiscalía a unha querela por un presunto delito de suborno continuado contra Louzán e a súa muller e de suborno impropio ao arrendatario destes baixos, Severino Reguera. O fiscal cre que o abono dun alugueiro moi superior aos atopados na mesma zona podería corresponder ao pago de favores do entonces deputado ao aínda Presidente do PP provincial e solicita documentos que acrediten as retribucións de Severino de onde saíron os 100.000 euros do precontrato dos locais. 

    Reguera asegura que os cartos saíron dos fondos da empresa, que toda a documentación está presentada e que declara agora por consello do seu avogado mentres di non entender a súa investigación.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/16/reguera_declara_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/16/reguera_declara_cambados.mp4{/flowplayer}