Vilanova decide mañá se desfila o Momo

    VILANOVA> Vilanova resístese a quedar sen celebrar o Momo polo que manteñen a programación do velorio para mañá e o desfile e queima para o domingo. Ata última hora non decidirán a posible suspensión dos eventos por mor do mal tempo. En canto ó tradicional misterio sobre a identidade do personaxe, poucas pistas polo momento. O que si se sabe é que será velado nun ambiente moi anos 70.

     

     

    En Vilanova, como en tódolos concellos das Rías Baixas, non quitan o ollo do ceo. Resístense a renunciar esta fin de semana ós actos grandes do seu Entroido, por iso agardarán ata o último momento para decidir se o Momo se vela e desfila polas rúas como está previsto.

     

    Unhas sesenta carrozas e máis de dúas mil persoas está previsto que participen no desfile do domingo, que comezará ás cinco da tarde diante do concello co percorrido habitual. Pero antes, mañá, haberá que velar ó Momo. O segredo sobre a súa identidade gárdase con celo.

     

    O que si se sabe é que será chorado nun ambiente moi anos setenta.

     

    Tanto o velorio coma o desfile e queima terán unha nota musical. Duendeneta serán os encargados de amenizar mañá a velada do popular personaxe, e a orquestra Aché porá a nota de son o domingo.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/12/MOMO_VILANOVA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/12/MOMO_VILANOVA.mp4{/flowplayer}