![]()
VILAGARCIA> Esta tarde celebrouse en Ravella o primeiro pleno constitutivo da organización do Concello de Vilagarcía para a …
{flowplayer}images/salnes/pleno_organizacion_vilagarcia_.flv{/flowplayer}
…presente lexislatura. Este pleno, que estivo pragado de anécdotas sobre o funcionamento dos sistemas de aprobacións, e polos constantes tira e afrouxa habituais entre o PP e EU, aprobáronse as tres dedicacións exclusivas dos edís populares. O alcalde, Tomás Fole, seguirá cobrando o mesmo que a anterior alcaldesa, á socialista Dolores García. Esta moción saíu adiante cos votos a favor de populares e nacionalistas e ca abstención do PSOE e os votos en contra de Esquerda Unida. Un partido cuxo voceiro se amosou molesto en todos e en cada un dos puntos ó comprobar que o partido do goberno xa tiña acordado a creación e composición das comisións informativas permanentes ou os representantes da corporación en órganos colexiados; que recaeron, a maiores de no Partido Popular, alternativamente nos partidos que veñen de ceder o cetro: o PSOE e o BNG.
Tanto Esquerda Unida como IVIL recriminaron ó equipo de goberno á falta de negociación real con eles e a adopción de medidas, como a rebaixa na designación ós partidos políticos para gastos e a ponderación nesta e noutras asignacións e representatividade: o que para eles é un claro ataque ás forzas minoritarias para tender cara ó bipartidismo. Ámbolos dous tamén reclamaron que se analizase a situación das arcas municipais para comprobar se é certo o discurso electoral dos populares de que o Concello de atopaba en quebra técnica; unha proposta á que o PP dixo que xa está poñendo en marcha marcando os tempos.
O novo rexedor, Tomás Fole veuse obrigado a describir con cifras o aforro que vai a supoñer a remuneración desta nova corporación. Todo parece indicar que esta situación de tensión será a imperante nos próximos plenos municipais ordinarios, que desde hoxe quedan fixados para cada luns último de mes, ás cinco da tarde.
Redacción Salnés








