Cambados pon en marcha o VI Campamento Urbán na Pastora

    campamento100.jpgCAMBADOS> Uns trinta nenos inauguraron esta mañá o sexto campamento urbano infantil, organizado polo Concello de Cambados.

    {flowplayer}images/salnes/inicio_actividades_veran_cambados.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Uns trinta nenos inauguraron esta mañá o sexto campamento urbano infantil, organizado polo Concello de Cambados.

    Ás dez da mañá foron recibidos polos seus monitores na praza do Concello onde os ataviaron con cadansúa gorra e camiseta. Hoxe esperábanlle no Monte da Pastora unha serie de talleres e xogos para írense coñecendo. Neste grupo participan nenos de primeiro e segundo de primaria, a maioría por primeira vez e teñen claro en que van empregar o tempo. Tamén os hai que repiten, e é que a experiencia parece que foi boa.

    De que todo saia ben encargaranse tres monitores e varios axudantes, estes, nenos de campamentos anteriores que probarán o que é estar do outro lado. A axenda desta semana inclúe un obradoiro de correas e colares para cans, sendeirismo polos muíños de Meis, e a tradicional busca do tesouro no monte da Pastora. Para a vindeira semana farase outro campamento con nenos de terceiro de primaria.

    Redacción Salnés