Caen dous arousáns ademais do fillastro de Oubiña nunha operación antidroga

    SALNÉS > A policía detivo a tres arousáns pola súa implicación cun alixo intervido en Corme. Entre eles atópase o fillastro de Laureano Oubiña, membro dun grupo que pretendía introducir na Península seis mil kilogramos de cocaína. A operación foi abortada ó quedárselles varada a planeadora na que trasportaban a droga na cala da Barda en Corme.

    85 fardos duns 25 kilos cada un eran os que transportaban onte nunha lancha un grupo de narcotraficantes entre os que se atopan, Ricardo Cores Chazo, Vicente Maneiro Díos e David Pérez Lago, todos veciños do Salnés e este último fillastro ademais do arquicoñecido Laureano Oubiña. A Garda Civil interviña o alixo tras protagonizar unha espectacular persecución que remataba cunha planeadora varada na zona da Barda no concello de Ponteceso e cos seus tripulantes dándose á fuga a pé.

    O cargamento que deixaban tras de si e do que se apropiaba a policía era o inicio dunha operación que pretendía introducir en Galicia seis toneladas de cocaína repartidas en tres lanchas: a interceptada, unha afundida e a terceira que logrou fuxir. Tras prestaren declaración os tripulantes rescatados da embarcación que se afundiu a unha milla de Fisterra, os axentes identificaron a dous dos implicados na trama como David Pérez Lago, Ricardo Cores Chazo e Vicente Maneiro Díos. Polo momento, a operación segue aberta e non se descartan novas detencións.

    Redacción Salnés