A ILLA> Aparece na Illa de Arousa o cadáver dun home de 51 anos. O corpo atopouse no porto do Xufre, onde ao parece o veciño da Illa se achegou de madrugada a realizar tarefas na súa embarcacións. A policía investiga se a causa do falecemento foi un golpe ou o afogamento.
A Illa de Arousa espertouse este luns cunha terrible noticia, o falecemento dun dos seus veciños. O cadáver apareceu no porto da Illa de Arousa. O home que tiña 51 anos levaba desaparecido dende a madrugada do domingo.
A policía científica está investigar as causas do falecemento. Polo de agora descoñécese se foi por mor dun golpe ou afogado posteriormente.
A conmoción é moi grande entre a veciñanza da Illa. Dende o concello lamentan o ocorrido e dan o seu apoio á familia especialmente nunha datas tan sinaladas.
O corpo do falecido foi trasladado ao tanatorio Pompas Fúnebres de Arosa.