Pontearnelas prepárase para a IV edición da súa Feira Medieval

    feira_pontearnelascopy.jpgPONTEARNELAS> O entorno da antiga ponte de pedra será o escenario desta Feira que se celebrará o domingo desde as 11.30 da mañá.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_FEIRA_MEDIEVAL_PONTEARNELAS_2011.flv{/flowplayer}

    Un monólogo de ‘Eiva’, un espírito do medievo, foi a carta de presentación da IV Edición da Feira Medieval de Pontearnelas que se celebrará o vindeiro domingo no entorno da antiga ponte de pedra. A directora da Escola de Teatro Valle-Innova, Fátima Rey, foi a encargada de recrear dito personaxe. Desde a apertura dos postos de artesáns, está previsto un amplo programa de actividades.

    Pola súa banda, os alcaldes de Ribadumia e Cambados destacaron que esta feira é froito da coordinación e o bo entendemento entre administracións, imprescindible para a súa posta en marcha.

     Ó acto tamén asistiu o deputado provincial, Jorge Domínguez, o Presidente da Deputación e o Delegado da Xunta en Pontevedra. Rafael Louzán salientou que outro dos obxectivos desta feira é a recuperación e posta en valor deste entorno para que se converta no epicentro dunha feira medieval.

    Redacción Salnés