Ribadumia mantense sen positivos covid por quinto día consecutivo

RIBADUMIA> O concello de Ribadumia mantén a cifra de 0 contaxiados por quinto día consecutivo. A vila é o único concello da contorna que se atopa sen ningún positivo. O alcalde sinala que a medida máis importante é o comportamento individual.

O concello de Ribadumia alcanzou o pasado día 31 os 0 casos activos por Covid 19. Unha cifra que aínda se mantén cinco días despois. A vila supera os contaxios tras rexistrar máis de 80 casos co brote xurdido na residencia Domus Vi o pasado mes de outubro. O dato é a mellor noticia para comezar o ano.

Dende o concello sinalan que a clave desta situación está na sorte e no comportamento individual da veciñanza.

A pesar dos bos datos, dende o concello seguen apelando á responsabilidade.

As ceas e reunións familias das últimas datas poden incrementar o número de positivos. Unha situación que temen nos concellos.

Dende o goberno local non teñen constancia de que se rexistrara ningunha sanción por incumprimento das restricións durante o nadal. Un comportamento que agardan que se manteña para que a situación volva a normalidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí