Os soldos e as dedicacións exclusivas centran o pleno de organización

    pleno_organizacioncopy.jpgSANXENXO> Segundo a alcaldesa, Catalina González, son uns soldos necesarios para defender dignamente o posto que van a ter.

    {flowplayer}images/salnes/SANXENXO_PLENO_ORGANIZACION.flv{/flowplayer}

    As catro dedicacións exclusivas remuneradas con 39.000 euros anuais, catro parciais cun soldo de 27.000 euros ó ano e, sobre todo o salario da alcaldesa, Catalina González, con 54.000 euros a percibir en catorce pagas centraron este pleno de organización da corporación.

    Un punto da orde do día que foi aprobado cos votos do PP e do seu socio de goberno, VIPS pero rexeitado pola oposición.

    Ante estas acusacións dirixidas ó grupo de goberno, a alcaldesa valorou que son uns soldos necesarios para o traballo que van a realizar. E reiterou que xa se rebaixou o soldo en dúas ocasións, a última delas un quince por cento.

    Pola súa banda, o socio de goberno e voceiro de VIPS, reiterou que o tema dos soldos está pechado xa que foi ratificado polos votos dos veciños. E lembrou que hai concellos nos que cobran ata 250 euros por pleno.

    O número de comisións informativas a celebrar tamén xerou certo debate pola banda dos nacionalistas. Nesta sesión, nomeáronse, ademais, os membros do Consello de Xerencia Municipal de Urbanismo, da Mancomunidade do Salnés que recaeu sobre Salvador Durán e o voceiro de Sanxenxo Agrupación Liberal, ademais da alcaldesa.

    En relación á representación do concello nos Consellos Escolares decidiuse, a proposta da oposición, a inclusión dun membro de cada un dos grupos na lista de suplentes. Aprobáronse tamén os tres postos de traballo eventuais, entre outros asuntos.

    Redacción Salnés