Festivala recupera case toda a súa programación habitual con numerosos eventos

VILAGARCÍA> Vilagarcía goza xa do Festivala. O festival que ten como obxectivo poñer en valor o papel das mulleres no mundo creativo. Os concertos terán lugar esta fin de semana pero a organización xa adiantou eventos como a exposición as mulleres que contan.

Despois de celebrarse nun formato reducido por motivo da pandemia, o Festivala regresa a Vilagarcía con toda a súa esencia. Agás a feira, o festival poderá celebrar todos os eventos que habitualmente programa, como obradoiros, exposicións, mostras de cine e os concertos. A actúacións musical terá lugar na praza da Segunda República adaptándose ás medidas sanitarias.

Os concertos celebraranse os días 18 e 19 e de novo, as protagonistas serán as mulleres.

O festival realizará ademais outras actividades alternativas, todas encamiñadas a poñer en valor a importancia e traballo das mulleres. Unha delas xa está dispoñible na Praza de Galicia que é a exposición mulleres que contan.

A programación complétase coa mostra cinematográfica do documental Se dice poeta, no que participará a propia directora, e dous obradoiros, un de fotografía e outro de oratoria. Todos os eventos requiren de inscrición previa a través da plataforma woutick.es.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí