Un lume provocado calcina duascentas hectáreas en Boiro

    incendiobealo100.jpgBOIRO> As primeiras investigacións apuntan como autor do lume ó mesmo sospeitoso causante dun incendio no mes de maio na mesma parroquia boiresa

    Axentes da Unidade Militar de Emerxencias, a UME e do Ministerio de Medio Ambiente, así como integrantes de Protección Civil de Boiro traballaron durante todo o día de hoxe na extinción da lapas, arrefriando o perímetro do incendio para evitar posibles reproducións. Segundo o balance provisional ofrecido pola Consellería de Medio Rural, o incendio que durante esta fin de semana se produciu entre os lugares de Xián e A Galea, na parroquia de Bealo en Boiro arrasou máis de duascentas hectáreas de monte.

    {flowplayer}barbanza/incendiobealoxuno2011.flv{/flowplayer}

    As primeiras investigacións, segundo indican dende Medio Rural, apuntan a que a autoría do incendio podería corresponder ó mesmo sospeitoso de provocar outro lume o pasado mes de maio na mesma parroquia boiresa.

    A Consellería do Medio Rural denuncia a intencionalidade da actividade incendiaria rexistrada durante esta fin de semana propiciada polas elevadas temperaturas e a intensa calor. Por iso, lembran que prender lume ó monte é un delicto e reclama a colaboración cidadá para frear a actividade incendiaria.

    Redacción Barbanza