A Garda Civil investiga o corte de cordas en bateas de Vilanova

    bateas100_211108.jpgVILANOVA > Un individuo, sen identificar, cortou, esta noite, as cordas das bateas dun matrimonio veciño de Vilanova. Os afectados acusan a Pladimega.

    {flowplayer}images/salnes/bateas.flv{/flowplayer}

    VILANOVA > Continúa a guerra entre as plataformas de mexilloeiros da zona. Pero agora, as batallas trasládanse dos peiraos ás bateas. Un individuo, sen identificar, cortou, esta noite, as cordas das bateas dun matrimonio veciño de Vilanova, causándolles importantes danos económicos. As vítimas desta extorsión valoran as perdas en 30.000 euros, que se corresponden á metade da produción de mexillón deste ano.

    Rosa Oubiña e Benito Doval chegaron a súa bateas as 9 da mañá para comezar, como cada día, a súa xornada laboral. Sen embargo, hoxe esperáballes unha desagradable sorpresa. Este matrimonio de Vilanova culpa á plataforma Pladimega deste ataque que, segundo eles, forma parte das presións ás que están sumidos os bateeiros que non comparten a visión profesional desta plataforma de mexilloeiros.

    Durante toda a xornada, este matrimonio tratou de recuperar o mexillón que, a causa deste ataque, caeu ao fondo do mar. Para iso servíronse da axuda dun buzo profesional que se dedica a este tipo de traballos. Esta é a segunda vez nesta semana que o buzo ten que levantar do fondo do mar as cordas dunha batea, como consecuencia dun ataque deste tipo.

    A Garda Civil estivo presente no lugar dos feitos e practicou as dilixencias oportunas. Este matrimonio está moi doído por estes feitos e espera que o conflito dos mexilloeiros remate canto antes porque, de non ser así, os peiraos vanse a converter nun campo de batalla onde os prexudicados son sempre, os traballadores.

    Redacción Salnés