Marcos deixa o Céltiga e regresa ó Portonovo

SANXENXO> O gardamallas volve á que fora a súa casa despois de dúas temporadas no Céltiga. Loitará xunto a Andro, que renovou, por un posto na portería arlequinada.

Pouco a pouco comézase a mover o mercado. O primeiro en dar un paso cara ó frente no que a contratación de xogadores se refire foi o Portonovo que anunciou esta mañá a contratación do gardamallas Marcos.

O porteiro cambia de novo de aires e abandona o Céltiga, onde estivo enrolado as últimas dúas temporadas, para volver a Baltar onde foi porteiro titular do equipo cando este militaba na Terceira.

Marcos será presentado oficialmente o xoves ás 12:00 da mañá na sé do club. A directiva deu a coñecer tamén a renovación de Andro que loitará co propio Marcos por un sitio na portería do Portonovo. O que non sigue é Velay.

Redacción Salnés