Boiro acollerá a fase final do Campionato Galego de Baloncesto Sub-22

BOIRO>  No torneo, que se desenvolverá este vindeiro sábado no pavillón de Santa Baia, competirán o Obradoiro, o Baloncesto Narón, o Club Ourense Baloncesto e o Club Baloncesto Ponferrada. Boiro recolle o testemuño de Betanzos, vila na que se celebrou a pasada edición do Campionato Galego de Baloncesto Sub-22 en categoría masculina. A cita organizada pola Federación Galega de Baloncesto, desenvolverase este próximo sábado no pavillón de Santa Baia, coa participación do Obradoiro, o Baloncesto Narón, o Club Ourense Baloncesto e o Club Baloncesto Ponferrada. Pola mañá a partir das dez e media desenvolveranse as dúas semifinais, unha ás dez e media e outra ás doce e media, e xa pola tarde, a partir das sete e media, a gran final, da que sairá o novo Campión Galego. Dende o Concello, que colabora xunto co club local, o Club Baloncesto Santa Baia, con esta iniciativa, animan a acudir a presenciar este Campionato, que se enmarca na liña da promoción deportiva de base.