Nova rotonda para mellorar a seguridade viaria entre Tragove e Corvillón

CAMBADOS> Melloras na seguridade viaria de Cambados. Estamos a fallarlles da última intervención en materia de obras, que ten que ver coa recente construción dunha rotonda no vial que une Trgove con Corvillón. Esta mañá estivemos alí e comprobamos o resultado final de esta instalación ademais dos pormenores da mesma, que nos explicou o edil de Obras, José Ramón Abal.

Esta que está a ver é a nova rotonda que une o vial de Tragove e Corvillón, unha pequena obra coa que se permitirá mellorar a seguridade viaria neste punto da localidade.

A inversión de esta intervención, que foi sufragada por fondos municipais, chegou aos 8.000 euros e con ela cúmprense diferentes reordenacións do tráfico no municipio.

A principios do ano pasado restrinxiron o tráfico pesado pola estrada provincial para mellorar a seguridade diante do colexio de Corvillón, e iso provocou que dende o concello creasen esta rotonda, para que os camións que pasasen todos os días, tiveran máis visibilidade e máis espazo.