O mar perde 1.500 autónomos no Salnés no que vai de 2015

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/29/autonomos_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/29/autonomos_vilagarcia.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> O mar deixou de dar traballo a 1.500 autónomos da comarca do Salnés no que levamos de 2015. A Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar ven de alertar desta cifra, que pon o foco sobre o mal momento que está a vivir o sector. O mal tempo, a toxicidade, o menor rendemento dos recursos, a caída do consumo… Todo está a pasar factura.

En só tres meses, o mar deixou de empregar a 1.500 traballadores autónomos na comarca do Salnés.

A cifra é especialmente representativa polo peso do sector na economía. O 30% dos autónomos do mar de Galicia traballan no Salnés. Tamén representan o 15% dos datos nacionais. 

Os datos do traballo autónomo tampouco son positivos noutros sectores importantes para a comarca. Dende Agtamar alertan da flutuación que se da no comercio e na hostalería, que varían de trimestre en trimestre por mor da inestabilidade do traballo que crean.

Neste camiño cara a profesionalización, a asociación aposta polos contratos de aprendizaxe e da Formación Profesional, de xeito que sexan mozos formados os que dean o relevo xeracional nos establecementos. Na comarca, a media de idade dos autónomos é de 57 anos.

En xeral, en Arousa o número de novos autónomos subiu un 13%. No conxunto da provincia de Pontevedra, rexístranse 144 traballadores por conta propia menos.