O BNG volve reclamar a dotación de chan industrial no Barbanza

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/28/bngbarbanzamacropoligono2807141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/28/bngbarbanzamacropoligono280714.mp4{/flowplayer} BARBANZA> Os nacionalistas piden que se reactive o proxecto de construción do macropolígono. Dende hai tempo o BNG vén demandando a necesidade de dotar á comarca do Barbanza de máis chan industrial, ó existir unha ampla demanda. É máis, na súa etapa na Xunta, na que gobernou en coalición co Partido Socialista, iniciou os trámites para a posta en marcha do macropolígono do Barbanza, entre Ribeira e Pobra do Caramiñal. Un proxecto paralizado coa chegada do PP. A través dunha pregunta no Parlamento, que será debatida en setembro, á volta das vacacións dos deputados, os nacionalistas interésanse por se a Xunta ten intención de retomar o proxecto de macropolígono, en caso que a resposta sexa negativa, queren saber que xustifica esta decisión e se é afirmativa, en que prazos e con que dotación económica.