Máis de cincocentos inscritos na Marcha contra o Cancro de Noia

    NOIA> Noia acollerá este sábado a primeira marcha da Asociación Española contra o Cancro que se celebra na localidade. Polo momento, a iniciativa conta xa con máis de cincocentos inscritos, cifra que de seguro aumentará xa que poden solicitarse os dorsais ata medio hora antes da saída da marcha. Será ás cinco da tarde deste sábado cando os participantes na primeira marcha da asociación española contra o cancro tomen a saída dende a alameda noiesa. Percorrerán as principais rúas do casco urbano ó longo de tres quilómetros e medio, nun itinerario deseñado polo club de atletismo Noia. O concello e Noia Histórica implicáronse activamente na organización desta cita, prestando toda a colaboración posible. Os interesados poden apuntarse tanto na caseta de información turística da alameda como en diversos establecementos colaboradores de Noia Histórica. O prezo da inscrición é de dous euros e das camisetas, tres euros.