A Xunta non ve prioritario a construción dunha residencia de maiores en Boiro

BOIRO> O asunto foi debatido esta mañá no Parlamento, a través dunha iniciativa presentada pola deputada socialista Noa Díaz. Dende o Goberno Galego sinalan que coa construción da residencia de Ribeira darase resposta á demanda existente en toda a comarca.

O alcalde, lamentou que a Xunta volva dar as costas ós veciños de Boiro coa negativa a construír unha residencia de maiores na localidade coma fixera anteriormente cando se proxectou o hospital.

O rexedor mostrouse tamén crítico coa postura mantida dende Política Social que a día de hoxe aínda non deu resposta ó ofrecemento realizado polo Concello da posta a súa disposición dos terreos necesarios para a construción desta infraestrutura, e atender así a unha demanda histórica da veciñanza do municipio.

O rexedor anunciou que seguirá traballando para a consecución dunha residencia pública no municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí