LOUSAME> Entre as actividades principais que se celebraran en Lousame durante este Nadal destacan o concerto de panxoliñas que se celebrará o vindeiro sábado na igrexa de Tállara ou o monólgo Nabizagirl o domingo 22 na Casa da cultura a partir das sete da tarde.
O domingo 29, Pablo Díaz impartirá un obradoiro de música para nenos de ata oito anos. Precisamente os nenos son os principais protagonistas destas festas polo que o concello volverá a poñer en marcha o campamento Lousame Concilia para que os pais poidan compaxinar a súa actividade laboral coas vacacións escolares.
O programa de actividades chegará a súa fin coa cabalgata de Reis, o día 5 que percorrerá as sete parroquias do municipio, e o posterior festival para toda a familia no pavillón Pilar Barreiro Senra.
Pola súa banda, o concello de Noia estreará este ano alumeado e decoración navideña. Os adornos que xa locen nas rúas da vila foron confeccionados polos alumnos dos colexios Felipe de Castro, Alexandre Cadarso, María Assumpta e Jaime Balmes.
Xunto ás creacións dos nenos, destacan os catro grandes elementos decorativos instalados pola concellería de Comercio: un candil de catro metros de altura na Porta da Vila, un banco con neve na Praza do Cantón, un carro con renos na Praza da Constitución e unha gran bola de luz na Praza do Tapal.