Comezan os interrogatorios dos imputados da Operación Cormorán

    operacion_cormorancopy.jpgPONTEVEDRA> Deles, un, Juan Carlos Pérez, aceptou finalmente unha pena de 6 meses de cárcere e 18.000 mil euros de multa.

    {flowplayer}images/salnes/OPERACION_CORMORAN_MARTES_28_XUNO.flv{/flowplayer}

    Esta mañá retomouse na Audiencia Provincial de Pontevedra o xuízo pola Operación Cormorán. A esta segunda vista acudiron 9 dos 35 procesados pola súa presunta vinculación cunha rede de branqueo de cartos procedentes do tráfico de drogas. Son os nove que manteñen a súa inocencia. Deles, un, Juan Carlos Pérez, aceptou finalmente unha pena de 6 meses de cárcere e 18.000 mil euros de multa, polo que non chegou a declarar.

    A primeira en comparecer foi Teresinha de Jesús, parella do presunto cabecilla da trama, José Antonio Pouso Rivas, alias Pelopincho, que se atopa en paradoiro descoñecido. Esta asegurou que todo o patrimonio do que dispón conseguiuno traballando como prostituta. En canto ó millón de euros que atoparon nun oco do baño da súa casa, dixo que os gañara ela traballando e que os gardara alí por medo a que a estafasen.

    Xunto a ela, outro dos acusados de maior relevancia é Lidia Niere, quen asegurou haber mantido tamén unha relación con Pelopincho. Pero matizou que o seu patrimonio, ó igual que Teresinha, é froito da prostitución onde podía chegar a gañar trinta mil euros nun día. Declaracións que foron insuficientes, en ambos casos, para o fiscal.

    Outra das que compareceu foi a filla de Pelopincho, Vanesa Pouso. A moza negou toda relación co pai e dixo que o piso que ten en Rianxo o pagou con diñeiro seu. A suposta man dereito de Pouso Rivas, Benito Suárez, confirmou que un dos seus vehículos estaba a nome da filla do presunto cabecilla pero que os seus ingresos proviñan do furtivismo.

    Tamén declarou Gloria Mirena, muller de Benito, e a do considerado como estreito colaborador de Pouso, o avogado Franco Argibay. Natividad Laborde explicou que só tivo noticias dos problemas do seu marido coa xustiza cando axentes se presentaron na súa casa para detelo.Tamén compareceu Antonio Gómez, Tucho, o home que lle facía os traballos de albanelería a Pelopincho pero afirmou que el limitábase a facer as súas labores.

    Tralos interrogatorios, compareceron cinco testemuñas. Mañá será a quenda de outras oito, por parte da Fiscalía tras renunciar a outras sete e á proba pericial.

    Redacción Salnés