As festas de Boiro poñen a proba a paciencia dos condutores

    problemastraficoboiro100.jpgBOIRO> Como cada ano, o inicio das festas de Boiro leva aparellado o caos circulatorio derivado dos cortes de tráfico na avenida da Constitución.

    {flowplayer}barbanza/problemastraficoboiro.flv{/flowplayer}

    Nesta ocasión, o novo executivo optou por pechar soamente un carril para minimizar as consecuencias sobre a fluidez da circulación. As barracas e atraccións festivas ocuparán un treito do carril dereito en dirección a Rianxo, comprendido entre a rotonda de Abanqueiro e A Cachada.

    Os problemas no tráfico desafían a paciencia dos condutores, especialmente ós que viven nas inmediacións da avenida e vense obrigados a dar unha volta considerable para acceder ós seus garaxes.

    Molestias razoables

    Dende a comisión de festas queren pedir desculpas a todos aqueles veciños que se poidan ver afectados polas molestias derivadas da instalación das festas pero apelan á comprensión lembrando que a situación prolongarase tan só uns días.

    Son moitos os que comparten esta opinión e prefiren afrontar con resignación os trastornos derivados desta semana festiva, na que Boiro convértese nun fervedoiro de xente e coches.

    Dende o concello lembran que as vías secundarias como Avellaneda quedarán despexadas para evitar os embotellamentos que se rexistraron o pasado ano.

    Redacción Barbanza