O concello de Ribeira avanza na tramitación do polígono co estudo arqueolóxico

RIBEIRA> O executivo de Ribeira defende que a tramitación do polígono industrial segue avanzando ante as críticas do Partido Popular. Trala expropiación e rexistro dos terreos a nome do concello, estase a realizar o estudo arqueolóxico e as modificacións do proxecto requiridas por outras administracións.

Fronte as críticas realizadas polo PP ante a demora na tramitación do polígono de Ribeira, o goberno local sinala que están a traballar no proxecto dende o primeiro día posto que constitúe unha das súas prioridades. Trala aprobación da expropiación dos terreos que se están a rexistrar a nome do concello, estase a desenvolver ¡o estudo arqueolóxico e as modificacións do proxecto requiridas por outras administracións.

En paralelo, o concello segue a traballar na busca de financiamento por parte doutras administracións dadas as dificultades de financiar un proxecto de tal envergadura tan só con fondos municipais.

Nas últimas semanas xa lle presentaron o proxecto á Consellería de Industria demandando o seu apoio orzamentario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí