A Xunta aposta pola formación, emprego e inserción socio-laboral

     RIBEIRA> Promover a formación e a inserción laboral segue a ser a liña principal de acción da Consellería de Traballo e Benestar.

    {flowplayer}barbanza/visitaconselleiraambar.flv{/flowplayer}

    Os doce alumnos do curso de atención sociosanitaria desenvolvido en AMBAR recollían esta mañá o diploma que acredita, non só a súa formación, senón que supón a súa vía de acceso ó mercado laboral. De feito, máis da metade conseguiron xa un emprego grazas a esta titulación.

    A intención da Xunta e dos concellos é apostar polo nicho de emprego que supón a atención sociosanitaria nunha comunidade como Galicia, a terceira coa taxa de envellecemento poboacional máis alta.

    Obradoiros de emprego

    A Consellería investirá corenta millóns de euros na formación de desempregados co obxectivo de que obteñan certificados homologados en toda España. Mención especial neste eido merecen os obradoiros de emprego cun índice de inserción laboral do setenta por cento.

    Beatriz Mato visitou as instalacións do futuro centro social de Carreira que están a executar os alumnos do obradoiro de emprego Illa Vionta que confiancian a consellería e o concello de Ribeira.

    Redacción Salnés