Tono Campos principia a súa andadura no Mundial

SALNÉS> O padexeiro grovense afronta con optimismo a súa participación no Mundial de Augas Tranquilas, que se celebra estes días en Szeged (Hungría). Xunto ó seu compañeiro José Manuel Sánchez actúara no C-2 500 e 1.000 metros.

Hoxe dan comezo os Campionatos do Mundo de Augas Tranquilas na localidade húngara de Szeged. Alí, como prinicipal representante do Salnés, estará o padexeiro grovense Tono Campos, que competirá esta tarde no C-2 500 metros, xunto ó seu compañeiro José Manuel Sánchez.

Esta proba non é a prioridade para a parella galega, por non tratarse dunha distancia olímpica. Sí o serán os 1.000 metros, onde tentarán acadar unha praza para o equipo español nos Xogos de Londres.

O outro representante arousano na cita é André Oliveira, que participará xunto a Yeray Picallo no C-2 200 metros, outra especialidade que non será olímpica, pero na que o cesureño tentará de seguro situarse entre os mellores.

Redacción Salnés