O Extrugasa confirma a Díaz como adestrador para a próxima tempada

plantilla_deportes_copia100.jpgVILAGARCÍA> Xunto a el, renóvase a tres xogadoras para a liga feminina. O clube aínda  non hai ten presuposto pechado, pero situarase preto do medio millón de euros.

{flowplayer}images/salnes/EXTRUGASA.flv{/flowplayer}

Onte presentaron os avais para poder inscribirse na liga feminina aínda que non hai presuposto final xa que o club sigue tendo un déficit importante. Dende o Extrugasa esperan obter unha resposta a semana que ven, xa que o día 9 á unha e media, pecha o prazo para a inscrición dos equipos. José Antonio Gorgoso confía en conseguir ós 60.000 euros que fan falla para o presuposto antes de setembro.

O que si ten pechado o club é a renovación do adestrador, Tito Díaz, que vai firmar o contrato ó longo desta semana. Díaz asegura estar moi satisfeito por continuar no equipo e afirma que na liga feminina vai poñer toda a carne sobre o asador.

En canto ás fichaxes, está confirmada a continuidade de 3 xogadoras e estase a buscar novas incorporacións acordes coas esixencias físicas da liga Feminina.

Díaz ten claro que necesita xogadoras con ilusión, dispostas a gañar partidos xa que son un equipo humilde que non poderá realizar grandes fichaxes.

O Extrugasa vai solicitar o adianto dos horarios dos partidos da fin de semana, non só para que non coincidan co fútbol, senón tamén para facilitar os desprazamentos dos clubs.

Redacción Salnés