![]()
CAMPO LAMEIRO> O presidente da Xunta de Galicia inaugurou o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre logo da súa recuperación.
{flowplayer}images/salnes/FEIJOO_PARQUE_ARQUEOLOXICO_CAMPOLAMEIRO.flv{/flowplayer}
O parque Arqueolóxico de Campo Lameiro está catalogado como Monumento Histórico-Artístico Nacional desde o ano 1974. Coa intervención realizada entre o goberno galego e o Ministerio de Fomento, restauráronse os numerosos grupos de petroglifos albergados neste entorno de 21,8 hectáreas de extensión, ademais de dotar ó espazo dos equipamentos precisos para o acceso dos visitantes. O parque conta tamén con Centro de Interpretación e Conservación dos Petroglifos que ten como fin servir de centro de referencia para o estudo e coidado destes gravados rupestres. O presidente da Xunta destacou que a inauguración deste parque é o primeiro paso para a constitución da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico, na que tamén se incluirá o Parque do Megalitismo da Costa da Morte, o da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las e o Parque da Romanización de Lugo.
Redacción Salnés











