O contencioso resolverá a adxudicación da recollida de lixo en Ribeira

    RIBEIRA> O concello de Ribeira presentará un contencioso ante a resolución do Ministerio de Economía sobre o concurso para o servizo de recollido do lixo. O tribunal administrativo vén de darlle a razón á empresa Urbaser que presentara un recurso contra o procedemento de adxudicación, polo que o proceso queda en suspenso. O concello decidiu recorrer ó contencioso como saída máis viable posto que a empresa adxudicataria, Recolte, anunciou a súa decisión de seguir este proceso. Mentres non se resolve o recurso, prorrogarase o contrato con Urbaser que seguirá sendo a encargada de prestar o servizo. O alcalde destacou a boa disposición da empresa para favorecer o interese público coa redución de custos para o concello.